A Asociación de Veciños lle
ofrece a posibilidade de facer un mirador no monte Pereiro (monte
de San Xoán) por ser un sitio con unhas vistas privilexiadas.

Verbalmente o Tenente Alcalde
do Concello nos comunica que este proxecto o incluirá nos
orzamentos do ano 2006.
A Asociación de Veciños, ten como
un dos obxectivos a conseguir nesta lexislatura a creación
dun Centro Social que satisfaga as necesidades que na actualidade
ten o pobo de Bamio.
A nosa poboación crece a un ritmo
rápido e as necesidades dos veciños aumentan o mesmo
ritmo, polo que debemos de atender a súas demandas.
O centro social estará ubicado na
explanada de San Xoan no lugar que agora ocupa o Módulo o
cal ten gran numero de actividades.

A
Asociación de Veciños ofrece a posibilidade de facer
un proxecto dun embarcadoiro pra Bamio no lugar do “Jarandoiro”.
Dito lugar foi escollido por ser o único punto onde as distintas
mareas non quedan sen calado.
A sua vez, dito proxecto de embarcadoiro
debera estar dotado de acesos por carretera que se farán
dende a ponte da igrexa bordeando a costa en paralelo a vía
do tren.

A Asociación de Veciños, entre
outros proxectos que esta xestionando, propón creación
dun paseo marítimo que una Carril coa nosa aldea. Dito paseo
comunicara co xa asistente que proben dende Vilagarcía e
que dará o Concello un valor e beleza insólita para
o turismo.
|