Acta do 21-06-06 - Acordamos comprar un equipo de megafonía para o coche de montes e outro equipo de sonido para os distintos actos que lle poidan xurdir as distintas asociacións e que xa foi utilizado pola comisión de festas de San Xoán para as misas na capela.
Esperamos que se animen o resto das asociacións a pedilos para os seus actos, pois os equipos se compraron coa intención de que todos os poidan usar.
O equipo de son xa se utilizou nas misas celebradas na capela de San Xoán.
VOLUNTARIADO
Nunca chegaremos os veciños de Bamio, a agradecerlle o suficiente a os voluntarios, o traballo que están facendo para rescatar o noso monte.
Valga esta pequena homenaxe a o seu esforzo e dedicación que durante todos estes meses están facendo que o monte de Bamio retorne a normalidade.
Queremos agradecer a empresa Bamipal (fábrica dos palets) por dar gratuitamente todo o serrín que precisaron os voluntarios que fixeron a sementeira da herba, que como xa dixemos serve como marcador de por onde se vai sementando e tamén fai de abono orgánico que axuda a herba a medrar.
Igualmente agradecemos a empresa Disbepo (fábrica das gaseosas) que dou gratuitamente auga envasada para os voluntarios que participaron con nos nos calurosos meses de finais do verán.
Fixeron barreiras para evitar que a terra marchara cas primeiras choivas.
Chegaron de todas partes de Galicia e incluso de Italia, Alemania ...
Están preparando o terreo para empezar a plantar arbores.
TLF. VOLUNTARIADO
900 400 800
PLANOS DO CATASTRO
Acta do 18-02-06 - Acordamos solicitar a o catastro uns planos dixitalizados de Bamio onde figuren as referencias catastrais de cada parcela incluídos os terreos comunais, e así poder aclarar mellor os lindes de todos os lugares.
Os planos valeron 400€ e están a disposición de todos os veciños. Para a súa correcta visualización é preciso descargar o programa Autodesk TrueView, que é gratuíto, ou ter instalado o Autocad nas súas últimas versións.
Para obter os ficheiros utilice os seguintes enlaces:
Tamén solicitamos planos a o arquivo histórico, sen embargo, estes nolos entregaron en papel compulsado, non os temos dixitalizados polo que calquera veciño que queira consultalos ten que achegarse ata nos.
|