|
¿Que hai para ver en Bamio?
En Bamio podemos visitar:
Os petroglifos dos Ballotes. Se trata do testimonio mais antiguo da historia do municipio de Vilagarcía. Atopase a entrada da PO-192 en dirección Vilagarcía - Catoira preto da gasolinera do Salgueiral.

O mirador do Monte de San Xoán. Un lugar privilixiado polas súas vistas, dende este lugar se pode contemplar a desembocadura do Rio Ulla e os Lombos de Bamio productores de marisco. O mirador forma parte dunha ruta de sendeirismo que descorre polo monte de Bamio.

A Praia de Bamio. Atópase a o lado do Camping de Bamio chamado Camping Rio Ulla; a praia conta con aseos para homes mulleres e minusválidos, duchas no areal que permiten pasar por agua dulce, amplio aparcadoiro asfaltado, rampla para botar pequenas enbarcacións, porterías de futbol praia e rede de bolei praia, escola de Kite Surf onde se pode aprender esta disciplina e navegar despois polas tranquilas e espectaculares augas da desmbocadura do Rio Ulla.

Muiños de auga. O rio do Sordido posúe uns muiños de agua que en tempos pasados serviron as xentes de Bamio para transformar en fariña o cereal que cultivaban para autoconsumo. Neste inte atópanse en ruinas e a Asociación de Veciños está en tramites para poder restauralos. Recientemente se consigueu que por parte do Concello de Vilagarcía se procedese a súa catalogación, paso necesario para a súa protección.

Mirador do Monte Xiabre. O monte Xiabre é o punto mais alto da aldea de Bamio. Forma parte da ruta de sendeirismo e a el podemos chegar andando, en bicicleta de montaña e en coche 4x4. Dende el, as vistas son espectaculares podendo comtemplarse parte da comarca do Ulla, Comarca do Salnés, a Serra do Barbanza, e a impresionante desembocadura do Rio Ulla, o lugar onde o Rio Ulla se transforma en Ria de Arousa.
 |