Festas
Festas PDF Imprimir Correo-e
Contenido Estático - Festas
Escrito por Asociación de Veciños   
Venres, 07 de Xaneiro do 2011 ás 22:48

As festas en Bamio

 

En Bamio estamos de festa os días 24, 25 e 26 de Xuño de 2011 celebrando o San Xoán. E o último fin de semana de Agosto celebrando o San Roque.

 

Festas de San Xoán

Das primeiras se encarga a Comisión de Festas de San Xoán que a integran oito veciños da aldea que con moita ilusión e gañas intentan facer nas datas de San Xoán unhas festas tradicionais con misas pola mañan, actuacións de grupos de gaitas, baile ou bandas de música en sesión bermout e berbena pola noite durante uns días. Hai que agradecerlle o esforzo e dedicación que supon durante todo o ano recaudar os cartos necesarios para seguir ca tradición.

 

 

 

Festas de San Roque

Das segundas se encarga a Comisión de Festas de San Roque. Este ano todavía non está constituída. Animamos dende aquí a os veciños a formar unha comisión que permita manter esta entrañable festa.

 

 

Festipraia

ende hai un tempo para acá a Asociación Cultural Os Arenkes ven de celebrar o Festipraia, un festival onde na praia de Bamio se instalan colchonetas inchables, música e actuacións de magos, marionetas, mimos ou artistas que conseguen unha agradeble tarde de veran para os nenos que se acheguen pola praia, todo esto de balde; e pola noite pechamos o día do festipraia cun concerto de grupos de rock dos mozos da bisbarra. Agradecemos e aplaudimos a iniciativa da Asociación Cultural Os Arenkes que fan posible unha agradable xornada de verán.

 

Última actualización feita en Martes, 18 de Xaneiro do 2011 ás 22:27